Escoitar
Anuncio de Personal

Contratación de persoal

martes, 14 xul 2009
Con data 13 de xullo de 2009, a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, adoptou acordo polo que se aproban as bases de selección para a contratación laboral-temporal por acumulación de tarefas dun/ha médico/a, dun/ha diplomado/a en enfermería e, dun/ha auxiliar de laboratorio, para cubrir os periodos vacacionais correspondentes o presente ano, dos titulares dos referidos postos de traballo.

As bases para consulta, atópanse no taboleiro de edictos da Casa do Concello, así como na paxina web municipal www.vigo.org.

O prazo de presentación de instancias que se realizará no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, será de tres días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Oficiais pavimentadores
Con data 13 de xullo de 2009, a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, adoptou acordo polo que se aproban as bases de selección para a contratación laboral por acumulación de tarefas durante un periodo de tres meses, prorrogables por outros tres mais, de dous/dúas oficiais pavimentadores/as, para reforzar os traballos de pavimentación de viais e camiños públicos.