Mobilidade e Seguridade
venres, 17 xul 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor do festival aéreo na praia de Samil, estará pechada ao tráfico, en sentido praias, a Av Europa, entre o 1º Cinto e Av Samil, con acceso exclusivo para garaxes e transporte colectivo, o domingo 19 de xullo de 2009 dende as 08.00 até as <br />
18.30 horas.
venres, 17 xul 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentaron hoxe en Samil as Ciclobibliotecas, unha iniciativa que ten como obxectivo o fomento da lectura e da nosa cultura nas praias. "Queremos achegar á lectura ás zonas nas que a cidadanía goza do seu lecer no verán", explicou Santi Domínguez.
venres, 17 xul 2009
O alcalde acudiu hoxe venres ao Porto de Vigo onde recibiu ás embarcacións Telefónica Azul e Telefónica Negro, que veñen de percorrer 37.000 millas náuticas durante oito meses na regata Volvo Ocean Race 2008-2009. Xunto co alcalde participaron na benvida o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o Director Territorial de Telefónica en Galicia y Asturias e o Director Xeral do Equipo Telefónica.
Benestar Social
venres, 17 xul 2009
A Concellería de Benestar Social, en colaboración con Caixanova e Cruz Vermella pon en funcionamento o "Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida nas praias de Samil e Vao ano 2009".