Abel Caballero recibiu aos barcos de Telefónica no seu regreso a España tras dar a volta ao mundo
O alcalde acudiu hoxe venres ao Porto de Vigo onde recibiu ás embarcacións Telefónica Azul e Telefónica Negro, que veñen de percorrer 37.000 millas náuticas durante oito meses na regata Volvo Ocean Race 2008-2009. Xunto co alcalde participaron na benvida o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o Director Territorial de Telefónica en Galicia y Asturias e o Director Xeral do Equipo Telefónica.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este venres na benvida e recepción ás embarcación do Equipo Telefónica que regresa a España despois da súa participación na regata máis extrema do mundo, a Volvo Ocean Race.
Na recepción ofrecida pola cidade participaron o Presidente do Real Club Náutico de Vigo, Franco Grobas; o Director Territorial de Telefónica en Galicia e Asturias, Ignacio Aller; o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete; e o Director Xeral do Equipo Telefónica na Volvo Ocean Race, Pedro Campos.
O Telefónico Azul e o Telefónica Negro regresan a España despois de participar na edición 2008-2009 da Volvo Ocean Race, regata na que finalizaron terceiro e sexto respectivamente e percorreron 37.000 millas náuticas durante oito meses.
Descargar todas as imaxes