Escoitar

O alcalde visitou a Fragata F-100 da Armada Española, aberta ao público pola celebración do Festival Aéreo

Abel Caballero recibiu este venres no Concello ao Comandante da "Almirante Juan de Borbón", Rafael Ceñal, recepción oficial para despois realizar ambos unha visita á Fragata, atracada no Porto de Vigo. A presenza da F-100 da Armada Española na cidade, que pode ser visitada pola cidadanía, forma parte dos actos previos ao Festival Aéreo do domingo.

venres, 17 xul 2009
1247835322fragata.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este venres no Concello ao Comandante da Fragata F-100 da Armada Española "Almirante Juan de Borbón", Rafael Ceñal, que está atracada no Peirao de Transatlánticos como parte dos actos previos á celebración do Festival Aéreo Internacional de Vigo, que terá lugar o domingo.

Tras a recepción municipal, Abel Caballero e Rafael Ceñal visitaron a F-100, unha embarcación flexible no futuro naval, expoñente da máxima tecnoloxía radárica e de múltiples sistemas avanzados, como o AEGIS, antisubmarino, antisuperficie e electrónica.

O alcalde salientou o "extraordinario nivel" da Armada Española, equiparable ás de Estados Unidos ou Francia, e que sexa capaz de dirixir operacións navais da OTAN, o que require unha "enorme cantidade de investigación". Abel Caballero invitou á cidadanía viguesa a visitar a fragata "de última tecnología", pois é unha embarcación "certamente fermosa e espectacular".

Ademais da presenza da F-100 "Almirante Juan de Borbón", a Armada colabora co Festival Aéreo coas maniobras que o buque escola Juan Sebastián Elcano realizará durante este venres ao longo da Ría de Vigo.

A Armada Española colabora así na celebración do Festival Aéreo, coa presenza da Fragata no Porto vigués para ser visitada por todos os cidadáns durante hoxe venres e mañá sábado, mentres que o vindeiro domingo, 19 de xullo, día de celebración do evento, estará localizada nas proximidades de Samil.
Descargar todas as imaxes