Benvida do Concello aos 50 nenos e nenas saharauis do programa Vacacións en Paz
O alcalde, o tenente de alcalde e a concelleira de Benestar Social deron hoxe a benvida do Concello de Vigo aos 50 nenos e nenas saharauis que este ano están acollidos por familias viguesas dentro do programa "Vacacións en Paz", que conta co financiamento do departamento de Benestar.
O alcalde asegurou que hoxe "é un día cheo de satisfacción para nós" por ver a ledicia e o entusiasmo que transmiten os ollos dos cativos. Abel Caballero dixo que o feito de que hoxe chova en Vigo "é para que estes nenos tiveran un recibimento cheo de auga e nesa auga está o cariño de todos os vigueses". Tamén fixo un chamamento á non esquecer a causa do pobo saharaui "pola súa independencia e pola posibilidade de poder decidir libremente".
Pola súa banda o tenente de alcalde salientou que Vigo é unha cidade solidaria e fixo fincapé no "fermoso traballo" de todas as familias que acollen a estes nenos e nenas. Santi Domínguez dixo que tamén para os cativos vigueses que van compartir con eles estes días vai ser unha experiencia moi enriquecedora "porque van a aprender a valorar o que teñen". Igualmente referiuse a que "a loita do pobo saharaui é un loita que non podemos esquecer e deixar de apoiar".
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, abriu o acto dando a benvida a "os nenos e nenas do deserto" e agradecendo ás familias que os acollen este labor de solidaridade que fan.
Descargar todas as imaxes