A concelleira de Benestar salienta a boa acollida que están a ter as actividades interxeneracionais de verán
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, amosouse hoxe "moi satisfeita" pola participación e boa acollida que están a ter as actividades intexeneracionais de verán ao aire libre que se están a desenvolver en diferentes prazas da cidade. A nacionalista visitou hoxe a actividade que se realizou no paseo da Avenida, na que participaron máis de sesenta persoas.
A nacionalista explicou que a posta en marcha deste primeiro programa de actividades de verán "é unha aposta pola calidade de vida e o benestar dos nosos maiores", aínda que fixo un chamamento para que a este programa se sumen persoas de todas as idades para favorecer a interxeneralidade. As actividades, que se prolongarán durante os meses de xullo e agosto, consisten en diferentes danzas do mundo e tai chi. Os luns celebrarase na Praza da Independencia, o martes no Calvario, o mércores na avenida de Castelao, p xoves na Praza de Compostela e na alameda de Bouzas o venres, sempre de 10.30 a 11.30 horas.
María Méndez explicou que o obxectivo que ten este programa e dar continuidade ás actividades que se desenvolven durante o resto do ano coas persoas maiores, como os cursos de avellentamento activo. "Sabemos que durante o verán hai moitas persoas que se quedan na cidade e quixemos que tiveran unha alternativa de lecer, que tamén lle permitira realizar unha actividade saudable
Descargar todas as imaxes