Escoitar

O alcalde acorda que Zona Franca abone 860.000 euros para a reparación das instalacións deportivas da ETEA<br />

Abel Caballero e a delegada do Consorcio, Teresa Pisano, acadaron este xoves un acordo para formalizar o convenio que permitirá ao Concello acometer o acondicionamento do pavillón e da piscina da ETEA con fondos de Zona Franca. A comezos do vindeiro ano, estimou o alcalde, estará listo "un dos complexos deportivos máis interesantes da cidade de Vigo".

xoves, 16 xul 2009
1247746963etea10.jpg.JPG
Unha instalación deportiva da ETEA
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acordou hoxe xoves coa delegada de Zona Franca, Teresa Pisano, que o Consorcio abone ao Concello 860.000 euros para que este acometa o acondicionamento das instalacións deportivas da ETEA, cuxo custo ascende a 848.000 euros.

O alcalde mostrouse satisfeito polo acordo acadado que supón que a ETEA esté aberta e as instalacións deportivas estean acondicionadas "con custo cero" para as arcas municipais. Así, a comezos do vindeiro ano 2010 estará habilitado "un dos complexos deportivos máis interesantes da cidade de Vigo".

A reparación prevista afectará ao totalidade do pavillón -o que inclúe o seu entorno, a pista, os vestiarios e o aire acondicionado, entre outras actuacións- e da piscina, que tamén será acondicionada e habilitada para o seu funcionamento e mantemento.

Abel Caballero avanzou que o acondicionamento do campo de fútbol será acometido pero con posterioridade, dado que falta delimitar o aparcadoiro previsto para a ETEA que "con toda probabilidade" afectará á instalación.
Descargar todas as imaxes