luns, 28 xan 2013
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, presentou este luns no Pleno da Corporación o informe trimestral de Tesourería correspondente ao terceiro trimestre do pasado ano, meses nos que o goberno local realizou 2.137 pagos nun prazo medio de 36,1 días, por debaixo dos 40 que marca a lei.
luns, 28 xan 2013
O Pleno do Concello deu luz verde á ampliación ata 1,5 millóns do Fondo de Acción Social para traballadores públicos. A proposta do Goberno local ten como finalidade mellorar as condicións sociais dos empregados públicos, actualizando un acordo regulador do ano 1999.
xoves, 27 dec 2012
Os tres grupos políticos con representación municipal respaldaron este xoves unha moción nacionalista prestando o apoio da Corporación "ás demandas de indulto perante o Ministerio de Xustiza para David Reboredo", vigués extoxicómano xa rehabilitado, colaborador na reinserción doutros afectados, que cumpre condena polo tráfico dunha papelina de heroína.
xoves, 27 dec 2012
Este xoves, PSOE e BNG validaron as contas do Concello para 2013, o sexto orzamento consecutivo aprobado "por primeira vez na historia" da cidade, afirmou a edil de Economía. Díaz explicou que o documento céntrase na acción social e no emprego, con menor débeda e presión fiscal para os vigueses.
xoves, 27 dec 2012
Todos os grupos políticos apoiaron na sesión plenaria de hoxe xoves unha moción socialista que solicita á Deputación que contribúa no finanzamento da Uned de Vigo, tal e como fai noutros concellos da provincia. A concelleira de Educación, Raquel Díaz, lembrou durante o debate que ata o de agora foi o Concello de Vigo o que costeou íntegramente a posta en funcionamento da aula de ensino a distancia.
xoves, 27 dec 2012
Todos os grupos políticos apoiaron unha moción do PP na que solicita a elaboración dun plan integrado de transporte urbano para a cidade de Vigo. O concelleiro de Tráfico, Carlos López Font, avanzou o apoio do Goberno municipal a este texto posto que o devandito plan xa está elaborado.
luns, 17 dec 2012
A Corporación aprobou este luns as ordenanzas fiscais para 2013 cos votos do PSOE e o BNG e a oposición do PP. A concelleira de Economía e Facenda explicou que o Concello aplica un 2,1% de IPC, conxela as taxas das escolas infantís, asistencia domiciliaria, auga e autobús, e mantén as exencións e bonificacións existentes ata agora.