Escoitar

A Corporación declara persona "non grata" a Almunia e esixe medidas para garantir o futuro do naval

A sesión plenaria deste luns acordou por unanimidade unha declaración institucional que reclama da Xunta de Galicia e do Goberno de España a adopción de medidas para asegurar o porvir do sector, ao tempo que declara "persona non grata" ao comisario europeo da Competencia e pide a súa dimisión.

luns, 5 ago 2013
O texto redactado e acordado pola Corporación hoxe luns é o seguinte:

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO ALCALDE DE VIGO REFERENTE Ó SECTOR NAVAL

O pasado 17 de Xullo a Comisión Europea concluíu que o réxime español de arrendamento fiscal para a adquisición de buques é parcialmente incompatible coas normas da UE, sobre axudas estatais.

Esta resolución fixa que se reintegre á facenda española as axudas obtidas entre os anos 2007 e 2011.

O Pleno do Concello de Vigo considera que a defensa do sector naval protagonizada polos sindicatos,os empresarios, os grupos politicos e o conxunto da sociedade viguesa logrou que se suavizara a proposta inicial que esixía a devolución das axudas dende 2005.

Esta unidade de acción ten que ser mantida para conquerir que se asegure o futuro do sector da construcción naval,que aporta máis de 85.000 postos de traballo de cualificación elevada e que teñen,ademáis,unha gran capacidade de arrastre para a industria auxiliar e aportan gran valor engadido pola tecnoloxía avanzada que empregan.

Deste modo, a industria naval ten que ser considerada estratéxica, sendo necesario que se poñan en marcha cantas medidas sexan necesarias para salvagardar o futuro do sector naval e particularmente, o de Vigo, cidade na que se asentan o maior número de empresas.

Por isto o Pleno do Concello de Vigo acorda:

1º- Expresar o seu apoio ó sector naval da Ria de Vigo pola importancia que ten no desenvolvemento económico, no crecemento e no emprego e afirmar a súa vontade de manter a unidade de acción na defensa do sector.

2º-Instar ó goberno da Xunta e ó goberno de España a defender os intereses do sector naval español ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

3º-Instar ó Goberno de España a que concrete de forma inmediata o esforzo fiscal máximo que está disposto a asumir có novo tax lease para poñer en valor este novo sistema e promover a contratación de novos barcos.

4º-Instar ó Goberno de España a garantir que inversores e estructuradores sigan desenvolvendo a súa actividade conxuntamente con armadores é asteleiros en base o novo "Tax Lease ", asegurando que se den respostas de carácter inmediato ás estructuras vivas.p

5º-Instar ó Goberno de España a que, en todo caso, o ICO poña atención o financiamento e a os avais do sector e lograr, de este xeito, a reactivación dá industria naval.

6ª- Ademáis plantéxase dirixirse aos gobernos da Xunta e do Estado para conquerir as seguintes demandas, que están sendo xa iniciadas:

Demandar da Xunta de Galicia

a. A habilitación dunha liña especial de avais para o sector naval galego que permitan garantir a viabilidade económica das empresas integradas nesta actividade, para poder refinanciar a súa débeda e facer fronte a carga de traballo condicionando, a súa vez, ás concedidas aos estaleiros ao pago da débeda que manteñan coa industria auxiliar naval.
b. Elaboración dun programa de desenvolvemento da industria naval, estaleiros e auxiliares, a longo prazo.

Instar ao Goberno do Estado a:

a. Promover de xeito conxunto e a nivel da comunidade europea, e con obxectivo de facer posíbel que o sector naval supere a crise, a aplicación a curto prazo de medidas de carácter temporal que teñan en consideración a especificidade do sector.
b. Crear instrumentos financeiros específicos que faciliten os investimentos necesarios no sector naval, constituíndo instrumentos de garantías para o desenvolvemento e aplicación e exportación de produtos e servizos; así como para os estaleiros e a industria auxiliar que presenten un plan de negocio viábel.
c. Promover dentro da UE novos mecanismos de financiamento a longo prazo para o sector creando, conxuntamente co BEI, un instrumento europeo para a financiamento dos estaleiros e a industria auxiliar.
d. Habilitar un mecanismo transitorio e de carácter excepcional que permita repoñer o dereito á prestación por desemprego a aquelas persoas que perden o seu posto de traballo e consumiran parte do mesmo como consecuencia dos expedientes de regulación de emprego de carácter suspensivo.

7ª- A decisión do Colexio de Comisarios proposta polo Comisario Almunia ten posto en perigo o futuro do sector naval, é por este motivo, que o Pleno da corporación adopta o seguinte acordo:

a. Declarar persona "non grata" para a cidade ao comisario europeo Joaquín Almunia.

b. Instar ao comisario europeo Joaquín Almunia a presentar a sua dimisión no goberno da Unión Europea, e que dita dimisión se leve a cabo de forma urxente e inmediata.