Escoitar

Jose Antonio Rodríguez Vázquez, ex rector da Universidade de Vigo, encargado da lectura do pregón do Cristo da Victoria

O domingo 4 de agosto terá lugar a saída en procesión do Cristo da Victoria. O ex rector da Universidade de Vigo Jose Antonio Rodríguez Vázquez será o encargado da lectura do pregón, o sábado 3 de agosto á 13.00 horas en Castrelos, no Pazo Museo Quiñones de León. <br />

venres, 2 ago 2013
1375441999cristovitoria.jpg
O vindeiro Sábado, o ex rector da Universidade de Vigo, Jose Antonio Rodríguez Vázquez será o responsable de facer a lectura do pregón con motivo das Festas do Cristo da Victoria.

Por outra banda, o domingo, 4 de agosto, terá lugar unha das grandes citas para a cidade viguesa, a procesión do Cristo da Victoria que sairá ás 19.30 horas, acompañada dunha marea de fieis procedentes de distintos puntos de Vigo.
O percorrido da procesión será o mesmo co ano pasado, con saída na Concatedral de Santa María, continuando pola rúa Real, o Berbés, Cánovas del Castillo, Montero Ríos, Concepción Arenal, Colón, Policarpo Sanz, Porta do Sol, Praza da Constitución e Triunfo. O peche de rúas realizarase de maneira progresiva desde as 16.30 horas e abrirase ao tráfico segundo vaia avanzando o paso da procesión.

O Cristo da Vitoria de Vigo converteuse nun dos emblemas da cidade. Entre outras cosas, atribúeselle a vitoria sobre as tropas napoleónicas que invadiron Vigo en 1809: por iso, desde ese ano, o Cristo sae en procesión cada primeiro domingo de agosto.
Descargar todas as imaxes