xoves, 1 agosto 2013

Fangoria actuará este venres 2 de agosto en Castrelos

xoves, 1 ago 2013

O grupo madrileño, Fangoria, presenta en Vigo o seu novo traballo, "Cuatricromía". Tras a suspensión a semana pasada debido ao loito oficial, a nova cita será mañá venres 2 de agosto ás 23 horas, no Auditorio de Castrelos.

Esta fin de semana volven os Castroconcertos

xoves, 1 ago 2013

Este venres 2 de agosto, rap, hip hop e reggae volven ao Castro da man de Xandre Ground e Ivo, no centro de dinamización xuvenil "Súbete ó Castro" e dentro do programa Vigo en Festas, a partir das 22 horas. O cartel complétase o sábado coa actuación de Fuck Paradise e Drug Rabbit.