Fangoria actuará este venres 2 de agosto en Castrelos
O grupo madrileño, Fangoria, presenta en Vigo o seu novo traballo, "Cuatricromía". Tras a suspensión a semana pasada debido ao loito oficial, a nova cita será mañá venres 2 de agosto ás 23 horas, no Auditorio de Castrelos.
O grupo madrileño Fangoria chega a Castrelos o vindeiro 2 de agosto para presentar o seu undécimo traballo titulado "Cuatricromía". Este novo disco está composto por catro ep's; cada un deles representa a un das cores que forman a "Cuatricromía", e polo tanto, a cada un dos catro pilares estilísticos sobre os que se basa a obra do grupo.
Fangoria é un grupo musical formado por Alaska e Nacho Canut. Ambos coincidiran anteriormente nos grupos "Kaka de Luxe", "Alaska y Dinarama" e "Alaska y los Pegamoides". O seu estilo de música defínese como electropop, o máis definido polas xeracións actuáis como "vanguardia" pioneiros de este estilo de música, a principios dos 80. Fangoria vendeu ao redor de 1.000.000 discos dende que comezou a súa andaina no 1989 e contou ademais, con grandes éxitos na segunda metade da súa carreira como "No sé qué me das", "Retorciendo palabras", "Miro la vida pasar" , "Criticar por criticar" ou "Más es más".
"Dramas y comedias" ou "Desfachatez" son algúns dos temas incluidos no seu novo álbum, pezas que prometen ofrecer ese son tan propio de Fangoria.
Prezos: 6€ (máis gastos de xestión – venda anticipada) / 8€ (taquilla) – Servinova e Central de Espectáculos.
Descargar todas as imaxes