O Concello investirá este ano 32,2 millóns en humanizacións e renovación de redes
O Concello renovará rúas e canalizacións no centro e nas parroquias por un valor anual de 32,2 millóns de euros. Deste montante, 11,2 millóns corresponden ao Plan de Investimentos de Aqualia, e o resto procede de partidas municipais.