Caballero asina convenios para financiar cursos para maiores e un viveiro de asociacións
O alcalde rubricou este martes sendos convenios coas asociacións Colectivo Veciñal Curva de San Gregorio e Veciñal, Cultural e Deportiva Monte da Mina para colaborar na realización das súas actividades, singularmente nos cursos de iniciación á informática para maiores e no viveiro de asociacións.
O acordo suscrito por Caballero coa Asociación Colectivo Veciñal Curva de San Gregorio contempla unha achega municipal de 3.000 euros á entidade para colaborar cos gastos derivados de organizar e impartir cursos de iniciación á informática para maiores, ao longo de 2013.
Tamén para este ano, o goberno local apoia con 9.000 euros á Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Monte da Mina para financiar as actividades da entidade, singularmente na coordinación e xestión do viveiro de asociacións presente nas súas instalacións.
Descargar todas as imaxes