Escoitar

O Concello validou na última semana o pago de 215.000 euros para a creación de 119 empregos

O alcalde explicou que, no marco do Plan Municipal de Emprego, o Concello deu luz verde na última semana ao pago de 215.000 euros para financiar que unha decena de entidades contraten a 119 persoas. Esta iniciativa municipal, dotada con máis de 4 millóns, suporá crear 661 postos de traballo.

luns, 29 xul 2013
1375097126Imagen010.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns das autorizacións de pago tramitadas na pasada semana polo Concello en materia de creación de emprego; en total, o goberno local deu o seu visto bo á transferencia de 215.000 euros para que 10 entidades da cidade poidan contratar a 119 persoas.

Na súa gran maioría, as beneficiarias destos pagos iniciais, en virtude do Plan Municipal de Emprego, son as asociacións de veciños da cidade, como a do Calvario, o Casco Vello, Matamá, Beade, Saiáns ou a Federación de Asociacións de Veciños "Eduardo Chao".

O Plan Municipal de Emprego, na súa edición de 2013, conta cun orzamento superior aos 4 millóns de euros e permitirá a contratación de 661 profesionais.
Descargar todas as imaxes