Nova data do concerto de Pablo Alborán
O concerto do artista Pablo Alborán, previsto nun principio para este domingo día 28 no Recinto Feiral de Vigo-IFEVI (avenida do Aeroporto, 772-Cotogrande), tense aprazado para o mércores 14 de agosto, pola traxedia acontecida o pasado mércores en Santiago de Compostela. O concerto, organizado pola empresa Categórica Produccións, conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas e inclúese no programa VIGO EN FESTAS 2013.
Pablo Alborán, que gañou recentemente o premio Cadena Dial 2012, permaneceu 15 semanas no nº 1 da lista dos álbums máis vendidos en España, que xa certifica sete discos de platino. Os seus dous primeiros álbums ("Pablo Alborán" e "En Acústico") teñen conseguido outros sete discos de platino cada un, o que fai un total de 21, un récord absoluto no noso país. O artista leva vendidos máis dun millón de copias dos seus discos, sendo o artista máis vendedor en España no 2011 e 2012.
Tras gañar tamén este ano os premios 40 Principales ao Mellor Artista e Mellor Canción ("Te he hechado de menos"), o pasado 1 de marzo, Pablo Alborán, triunfou no mítico festival chileno de Viña del Mar, ao gañar todos os premios posibles: Antorcha de Oro e de Plata, e Gaviota de Oro e de Plata.
A xira iniciouse o pasado 17 de maio en Almería e percorrerá as principais cidades españolas. As entradas poden adquirirse a través de Servinova (www.servinova.com ou 902.504.500) a un prezo de 30 € (anticipada), e o día do concerto será de 33 € no despacho de billetes do recinto. Aquelas persoas que queiran a devolución do importe das entradas deberán contactar cos puntos de venda.