O Concello convenia a creación de 28 postos de traballo en asociacións de comerciantes
No marco do Plan Municipal de Emprego deste ano, o alcalde, Abel Caballero, asinou este mércores sendos convenios coas asociacións de comerciantes da rúa Príncipe, VigoVello e Zona Centro. O apoio do Concello, 200.000 euros en total, permitirá a creación de 28 postos de traballo.