Escoitar

O alcalde felicita ao Club Náutico de Vigo polos 50 anos da regata Martín Códax

Abel Caballero participou hoxe mércores na presentación da 50ª edición da Regata Martín Códax, organizada polo Club Náutico de Vigo. Durante a súa intervención, felicitou aos responsables da entidade deportiva pola eventual saída do concurso de acreedores o que garanta a súa continuidade.

mércores, 24 xul 2013
1374682841regata.JPG
O Real Club Náutico de Vigo acolleu hoxe mércores a presentación da 50 edición da Regata Mártín Códax, cita emblemática e indispensable no calendario nacional da vela, convertido nun dos eventos máis lonxevos da cidade e da provincia. O alcalde de Vigo, engargado de pechar o acto, comezou a súa intervención asegurando que "Vigo non se entende sen o Real Club Náutico de Vigo, non camiñaríamos do mesmo xeito, seríamos unha cidade distinta". Logo de felicitar e desexar sorte a todos os participantes nesta competición, agradeceu aos organizadores esta e outras moitas iniciativas porque o Náutico é "unha grande institución, sen a que non se concibe Vigo. Por iso esta cidade seguirá 100, 200 ou 300 anos e o Club Náutico, outros tantos, porque é a ponte entre a cidade e o mar".

No multitudinario acto de presentación da 50ª Regata Martín Códax Rías Baixas estiveron presentes tamén Viviana García -presidenta del club vigués-; Chema Figueroa, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, entre outros. En representación do Concello tamén asistiron Chus Lago e Manuel Fernández, concelleiros de Medio Ambiente e Deportes, respectivamente.

Cinco portos –Vigo, Sanxenxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Combarro- e cinco clubes – R.C.N. Vigo, R.C.N. Sanxenxo, C.N. Boiro – Marina Cabo de Cruz, Civisglobal e Porto Deportivo de Combarro- participan desta nova edición da Martín Códax Rías Baixas que, en sus bodas de oro, percorrerá as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa entre o 14 e o 18 de agosto.
Descargar todas as imaxes