A Fundación Laxeiro presenta a exposición "Colmeiro,debuxos de mocidade"
O mércores, 24 de xullo a Fundación Laxeiro presenta a primeira entrega dun novo ciclo anual que, co título, Os novos, mostrará a obra dos artistas que formaron parte do grupo do mesmo nome da Vangarda histórica galega. O ciclo inaugúrase con esta exposición de Manuel Colmeiro Guimarás (Silleda, Pontevedra, 1901-Salvaterra do Miño, Pontevedra, 1999), unha das figuras chave da renovación plástica galega no século XX.
O ciclo inaugúrase con esta exposición de Manuel Colmeiro Guimarás (Silleda, Pontevedra, 1901-Salvaterra do Miño, Pontevedra, 1999), unha das figuras chave da renovación plástica galega no século XX que, con Laxeiro, Luís Seoane, Carlos Maside, Virxilio Blanco, Arturo Souto, Manuel Torres, Fernández Granell e outros, introduciron a pintura galega na contemporaneidade, empapados do espírito de cambio que o século XX trouxo a todas as facetas da cultura, a ciencia e a sociedade.
A exposición é unha coidada selección de pezas que abarcan un período concreto (1918-1939) da traxectoria de Manuel Colmeiro. Un período no que traza as constantes do que sería todo o seu traballo posterior. Este é un período que vai desde a súa etapa de formación, da que se inclúen pezas como a obra inédita titulada Traballador de 1918, ata finais dos anos trinta, cando estes artistas estaban xa consolidados, a pesar do fracaso do seu proxecto como grupo, provocado pola vitoria fascista na Guerra civil española.
O primeiro terzo do século XX, é un período intenso na vida de Colmeiro. Bos Aires, Madrid, Barcelona, Bilbao, Lisboa e as principais cidades de Galicia, son escenarios de diversas exposicións do artista a quen lle sorprende a Guerra Civil durante a preparación dunha exposición individual no madrileño Círculo de Bellas Artes.
A mostra concíbese como un achegamento ao proceso debuxístico do artista e, para iso, inclúense, tanto bosquexos e debuxos preparatorios, como obras rematadas, nunha proposta que ilustra as temáticas que serán constantes na súa obra durante toda a súa traxectoria, como o mundo rural na súa dobre faceta de idelalización bucólica, con obras como Bañistas de 1936; e de homenaxe aos traballadores como Labrega ou Apañando a folla, do mesmo ano. Hai tamén exemplos da súa obra muralística con interesantes bosquexos como o magnífico O traballo non debe ser unha escravitude, de 1937 e diferentes pezas con motivos portuarios, presumiblemente realizados en Bos Aires, todas dos anos vinte. Tamén se pode ver unha magnífica obra, titulada Galicia, de 1928 unha homenaxe aos traballadores do campo galego, cunha clara influencia negrista na liña de artistas como o español Guitérrez Solaina, o noruegués Eduard Munch ou o alemán George Grosz, moi en consonancia coas preocupacións estéticas dos renovadores que, no primeiro terzo do século XX, miraban cara ao norte europeo en busca de referencias coas que renovar a pintura galega e ofrecer unha alternativa ao costumismo idealizado da xeración anterior, representada por artistas como Sotomayor.
Resulta moi interesante comprobar como o debuxo é para Colmeiro, unha importante ferramenta expresiva que resultará decisiva como medio de organización compositiva da súa pintura, como afirmará Rafael Dieste en 1941:
ten toda a gramática que precisa (...) O máis cabal sentido da composición non se detén só nas equivalencias de estrutura e nas compensacións de cor que sosegan o cadro, senón que procura e atopa unha máis profunda concordancia: a que libera da súa limitación a cada unha das categorías de sensibilidade que poden concorrer á visión do cadro e do seu obxecto, e artellando a unhas a virtude das outras, da á súa consistencia nada menos que o don da palabra, pois hai entón algo que, con todo dereito, pode chamarse idioma plástico
E é que toda a pintura de Colmeiro está atravesada desa sabedoría, ese dominio da linguaxe plástica que el ordena, principalmente a partir da organización da superficie pictórica mediante a liña. Unha liña limpa e, a medida que vai evolucionando, cada vez máis fina. Unha liña rotunda que persegue un debuxo esquemático, sen adornos, esencial na súa formulación e na súa execución, como produto dun exercicio de simplificación que nesta exposición pódese rastrexar, desde as súas primeiras obras de 1918 e os primeiros anos vinte, marcadas por un expresionismo evidente, ata as pezas de finais dos anos trinta, nas que ese exercicio de limpeza marcará o debuxo colmeiriano e dotará a toda a súa obra dunha modernidade implícita na factura da liña. A pesar de que non visitará París ata 1948, é evidente xa nalgunhas destas obras o seu interese por pintores como Cezanne e, por suposto Picasso, ao que chegará a coñecer na década dos anos cincuenta. Ese debuxo esquematizado, de liña fina e limpa, remítenos inevitablemente á forma de utilización da liña do malagueño quen marcou a toda unha xeración de artistas, preocupada por alcanzar a máxima expresividade utilizando o mínimo de elementos debuxísticos.
Este exercicio de simplificación está presente tamén na utilización da cor. Unha simplificación que o leva á eliminación de todo cromatismo que resulte superfluo para entender a luz de cada peza. Adquire así a obra unha coherencia evidente, na que debuxo e mancha se complementan ao servizo do resultado final, sempre sobrio, elegante e equilibrado.
Cunha clara conciencia política que, dentro do espectro republicano, situábase nas filas do comunismo, Colmeiro retrata a cultura popular galega desde unha conciencia de clase, resaltando no popular, o valor e a dignidade do traballo, plasmados en escenas de porto, de tarefas campesiñas e de mercados e que adquirirá tons épicos nos seus murais dos anos trinta, dos que se inclúen tres bosquexos nesta exposición.
Pero tamén existe Colmeiro hedonista, influenciado quizais pola súa etapa en Barcelona. Un Colmeiro que galeguiza a iconografía mediterránea con pezas como Despois do baño de 1933, ano no que expón en Barcelona. Son obras nas que traduce á súa persoal linguaxe, a iconografía da tradición grecolatina e atopa coincidencias con artistas como Matisse, con quen coincidirá ao longo da súa carreira no tratamento da cor, ás veces moi próximo ás achegas do fauvismo.
Non podemos deixar de mencionar dous estupendos autorretratos 1933 e 1938 respectivamente nos que o artista desprega toda a súa habilidade debuxística e o tema por excelencia dos renovadores: a maternidade como icona da cultura ancestral galega que en Colmeiro, igual que en Maside ou no propio Laxeiro, adquire unha dimensión de arquetipo, de icona-símbolo da Galicia popular, nun exercicio de extrapolación da tradición iconográfica relixiosa que Os novos, recuperan para falar do pobo como esencia cultural, seguindo o discurso de Vicente Risco.
Colmeiro, debuxos de mocidade preséntase como unha proposta que mostra proceso e resultado final nunha mesma exposición, mostrando un Colmeiro, centrado nos anos de mocidade nos que o pintor traza, de forma decisiva, o proxecto plástico que desenvolverá ao longo de todo o século XX.
Descargar todas as imaxes