Escoitar

O Pazo Museo Quiñones de León acolle a celebración dos actos do Día de Galicia

O Concello de Vigo celebrará o martes 23 a partires das 20:00 horas o Día de Galicia no Pazo Quiñones de León. Os actos comezarán coa recepción oficial ás autoridades desde onde se trasladarán ao xardín inglés.

luns, 22 xul 2013
1374491417diagalicia.jpg
Unha vez reunidas as autoridades o cuarto da Orquesta Clásica de Vigo e a soprano ofrecerá un concerto no que interpretarán as seguintes pezas: Purcell: "Festival rondeau" Händel: "Tornami a vagheggiar" da ópera "Alcina" Händel: "Chegada da reina de Saba" da ópera "Salomón" Händel: Rejoice

Despóis do concerto intervirán os secretario xerais en Vigo dos sindicatos maioritarios encargados de dar lectura ao bando do Día de Galicia. Serán Antonio Juste, Secretario Xeral de UGT de Vigo, Amelia Pérez, Secretaria Xeral de CCOO de Vigo e Serafín Otero, Secretario Xeral da CIG de Vigo. Remata o acto o alcalde de Vigo, Abel Caballero que pronunciará o dicurso do Día de Galicia.

Pechará o acto o Himno Galego interpretado polo grupo da Orquesta Clásica de Vigo.
Descargar todas as imaxes