Escoitar

As obras de humanización de rúa Brasil rematarán no mes de setembro

Abel Caballero visitou hoxe venres os traballos de humanización da rúa Brasil, no momento no que se está a executar a segunda fase da obra, entre as rúas Vázquez Varela e Gran Vía. O orzamento ascende a 1,9 millóns de euros e, segundo o rexedor, o remate está previsto para o mes de setembro.

venres, 19 xul 2013
1374233616brasil.JPG
A humanización da rúa Brasil rematará no mes de setembro, segundo avanzou hoxe venres o alcalde de Vigo, durante unha visita na que estivo acompañado polo edil responsable, David Regades e máis o concelleiro de Parques e Xardíns, Angel Rivas. Unha vez rematado o tramo que vai desde a Praza de Isabel A Católica ata Vázquez Varela, nestes momentos, estase a acometer a segunda fase, desde Vázquez Varela ata Granvía.

O rexedor explicou que a densidade do tráfico da zona impediu reducir os carrís de circulación desta rúa, aínda que se ampliaron as beirarrúas e se mantén o aparcamento. En total, puntualizou, trátase dunha actuación de medio kilómetro, cun orzamento de 1,9 millóns de euros. Instalaránse, engadiu, 100 árbores, granito de alta calidade, 55 luminarias, 500 metros de colectores de saneamento e abastecemento, ademais dunha ducia de bancos.

Caballero amosou a súa vontade de continuar coa política de humanizacións e xeración de emprego porque, exemplificou, nesta obra contratouse a 60 persoas.
Descargar todas as imaxes