Caballero anima a apuntarse no plan municipal de acción social, dotado con 3 millóns de euros
A falta de hoxe venres e mañá para pechar a admisión de solicitudes, o Concello de Vigo xa recibiu máis de 2.100 peticións para beneficiarse deste plan "de apoio ás familias e afectados pola crise", indicou o alcalde. Sete entidades solicitaron participar dos 200.000 euros que adica o goberno de Vigo a comedores e colectivos sociais.
O alcalde de Vigo animou este venres á cidadanía a apuntarse na lonxa do Concello, entre hoxe e mañá sábado que remata o prazo, ao plan de acción social e apoio ás familias afectadas pola crise. A día de onte, máis de 2.100 persoas solicitaron ser beneficiarios dos 3 millóns de euros cos que o Concello dota esta iniciativa e que repartirá, a partes iguais, entre os inscritos que cumplan os requisitos.
Por outra banda, sete entidades están inscritas, tamén a día de onte, para os 200.000 euros que dispuxo o goberno de Vigo para apoiar aos comedores e colectivos sociais. Con esta cantidade, sinalou o alcalde que o Concello multiplicou por oito a cantidade destinada ao efecto hai dous anos.
"Somos o único concello de España que aplica un plan desta envergadura e queremos que sexa utilizado como modelo", asegurou Abel Caballero, que demandou á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra un proxecto similar "desta dimensión" económica.
Descargar todas as imaxes