Escoitar

Máis de tres mil entradas vendidas para os concertos de Castrelos

A venda de entradas para os concertos de Melendi (24 de Xullo) e Love of Lesbian e Fangoria (26 de Juilio) van a moi bo ritmo, polo que se prevé un cheo absoluto no auditorio vigúes.<br />

xoves, 18 xul 2013
O auditorio de Castrelos rexistrará con total seguridade un cheo absoluto durante os dous concertos programados dentro da Semana Grande das festas de Vigo. A día de hoxe o cantante asturiano Melendi na súa segunda visita á cidade olivica este ano vendeu xa 1.456 entradas do total de 4.000 que que puxeron á venda para a súa cita no auditorio do parque de Castrelos o próximo 24 de Xullo.

Pola súa banda a banda indie máis importante o momento, Love of lesbian e un dos grupos máis mediaticos do ano, Fangoria, que estarán en Vigo dous días despois, venderon en apenas dúas xornadas case 1.600 entradas, o que demostra o interese xerado por ambos os dous concertos.

As entradas encóntranse á venda ao prezo reducido de 6 euros no despacho de SERVINOVA (www.servinova.com) e no Despacho da Central de Espectaculos: rúa Velazquez Moreno, 26 -Vigo. (www.centralespectaculos.com).