venres, 19 xul 2013
A falta de hoxe venres e mañá para pechar a admisión de solicitudes, o Concello de Vigo xa recibiu máis de 2.100 peticións para beneficiarse deste plan "de apoio ás familias e afectados pola crise", indicou o alcalde. Sete entidades solicitaron participar dos 200.000 euros que adica o goberno de Vigo a comedores e colectivos sociais.
venres, 19 xul 2013
O Concello inicia o estudo da aplicación da Lei de Costas que reduce de 100 a 20 metros a zona de servidumbre de protección. Tal e como explicou o rexedor, Urbanismo encargou un estudo cartográfico para coñecer cantas vivendas e núcleos van quedar desafectados de protección.
venres, 19 xul 2013
Segundo informou este venres Abel Caballero, o goberno local adxudicou hoxe o Servizo de Información Xuvenil, un único contrato para catro anos que engloba os dous anteriores da Casa da Xuventude e Punto Xove, conlevando un aforro anual de 35.000 euros.
venres, 19 xul 2013
O Auditorio de Castrelos acolle o concerto de verán que a Coral Casa Blanca ofrecerá o sábado 27 de xullo, ás 21 horas, dentro do programa de Vigo en Festas. Un concerto no que, con acompañamento orquestral, interpretaran diferentes bandas sonoras da historia do cine.
venres, 19 xul 2013
A fin de semana, disputaranse en Vigo dous importantes premios deportivos de este verán. O sábado 20 de xullo a XXXIV Edición do Gran Premio Cidade de Vigo de atletismo en pista, e a XXI Bandeira Concello de Vigo de traíñas odomingo 21 de xullo.
venres, 19 xul 2013
A Concellería de Participación Cidadá , organiza Obradoiros Infantís en horario de mañá, do díá 2 ao 30 de agosto nos Centros Cívicos Municipais.