xoves, 18 xul 2013
O alcalde e a tentente de alcalde, Carmela Silva, visitaron hoxe xoves unha empresa da industria da automoción "exemplo de actividade diversificada" que está a ampliar a súa acción dentro e fora de España. A viguesa Izmar, situada no polígono de Valadares, adicase á construcción industrial, ás solucións loxísticas, á loxística sanitaria é ás instalacións deportivas, con 100 postos de traballo directo e outros 150 indirectos.
xoves, 18 xul 2013
Abel Caballero deu hoxe xoves a benvida aos 30 nenos saharauis que van pasar o verán en con familias de acollida viguesas. Durante unha recepción na Alcaldía, o rexedor trasladou a solidariedade da cidadanía coa situación social e política que está a sofrir este pobo.
xoves, 18 xul 2013
A venda de entradas para os concertos de Melendi (24 de Xullo) e Love of Lesbian e Fangoria (26 de Juilio) van a moi bo ritmo, polo que se prevé un cheo absoluto no auditorio vigúes.<br />
xoves, 18 xul 2013
O Concello de Vigo patrocina un ano máis a XXI Bandeira Concello de Vigo de traíñas, organizada o domingo 21 de xullo polo Clube de Remo de Coruxo. Nove equipos participarán este ano nunha proba que comezará as 12,00 horas desde a Ponte de Toralla.
xoves, 18 xul 2013
A Concellería de Cultura e Festas colabora no MARISQUIÑO XIII, que se celebrará os días 9, 10 e 11 de agosto, incluído dentro do programa VIGO EN FESTAS 2013, e que contará con actividades de Skate, BMX, mountain bike down town, dirt jump, bboying, trial, freestyle motocross, fingerboard, graffiti e concertos.