Escoitar

O Concello financia unha ludoteca de integración para nenos con parálise cerebral

A Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral porá en marcha unha ludoteca de integración grazas a unha achega municipal de 20.000 euros. Así o ratificaron hoxe mércores o alcalde e o presidente de Apamp, Daniel Varela, coa sinatura dun convenio de colaboración.

mércores, 17 xul 2013
1374060063APAMP.JPG
Un convenio de colaboración entre Apamp e o Concello permitirá a posta en funcionamento dunha ludoteca de integración situada no número 86 da rúa Sagunto. Trátase dun espazo estable de ocio para nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos.

Cunha achega de 20.000 euros, a ludoteca atenderá a uns 24 nenos ao día co obxectivo de promover o deselvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo e social dos usuarios a través de xogos, ademais de facilitar a conciliación familiar e a integración social.
Descargar todas as imaxes