Érguete recibe 307.715 euros do Plan Municipal de Emprego para contratar a 37 persoas
Abel Caballero e a presidenta de Érguete, María del Carmen Avendaño, asinaron esta mañá un convenio para facilitar a contratación de 37 persoas no marco do Plan Municipal de Emprego. Cun importe de 307.715,25 euros, o acordo esténdese desde o 1 de abril ata o 31 de decembro.
A Fundación Érguete-Integración facilitará traballo a 37 persoas a través dun convenio que asinaron esta mañá o alcalde de Vigo e a presidenta do colectivo, María del Carmen Avendaño, no marco do Plan Municipal de Emprego. Os contratos, dos que 22 son prorrogados do ano pasado e 15 son de nova creación, están destiñados a atender á cidadanía mediante coidadores de barrio, a persoas en risco de exclusión social, ao fomento dos bancos do tempo e de libros de texto. O importe do convenio ascende a 307.715,25 euros e período de vixencia vai desde o 1 de abril ao 31 de outubro deste ano.
En total, resumiu o rexedor, o Plan de Emprego do Concello inviste máis de 4 millóns de euros na creación directa de 661 empregos, dos que 183 serán prorrogados do ano pasado e 478, serán de nova creación.
Descargar todas as imaxes
En total, resumiu o rexedor, o Plan de Emprego do Concello inviste máis de 4 millóns de euros na creación directa de 661 empregos, dos que 183 serán prorrogados do ano pasado e 478, serán de nova creación.