O Concello convenia o desprazamento gratuito en taxis para os usuarios do "Lecer no Verán"
Abel Caballero asinou este luns un convenio coa cooperativa de Taxis, Paso Vigo e a Fundación La Caixa para que as persoas con algunha discapacidade que participan no programa municipal "Lecer no Verán" gocen, por primeira vez, dos deprazamentos en taxi de balde.
En declaracións aos medios, o alcalde explicou que o programa "Lecer no Verán", levado adiante desde o goberno de Vigo a través de Política do Benestar, conta cun orzamento de 31.000 euros para que persoas con algún tipo de discapacidade poidan realizar distintas actividades nos meses de xullo e agosto.
Segundo o convenio asinado hoxe luns, e explicado polo alcalde, a Fundación La Caixa achega 4.000 euros para que os beneficiarios desta iniciativa municipal poidan realizar de balde os desprazamentos en taxis e eurotaxis -vehículos adaptados ás cadeiras de rodas-.
"Lecer no Verán", iniciado polo Concello de Vigo no ano 2008, é un proxecto de ocio e respiro familiar para persoas con discapacidade que ten lugar durante os meses de xullo e agosto no Verbum e no centro San Francisco con 25 e 45 prazas habilitadas, respectivamente.
Descargar todas as imaxes