INFORMACIÓN PÚBLICA: EXPEDIENTE DE PETICIÓN DE AUTORIZACIÓN AUTONÓMICA EN SOLO CON RÉXIME URBANÍSTICO DE RÚSTICO <br /> (EXPTE. 40451422)
Conforme ao previsto no artigo 41º.2.b) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública, mediante a inserción deste anuncio nun dos xornais de maior difusión do municipio e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, durante o prazo de 20 DÍAS HÁBILES, que contan dende o seguinte día ao da publicación do último anuncio no xornal, o expediente 40451/422, iniciado a instanacia de COMUNIDAD DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE ZAMÁNS, polo que se solicita autorización autonómica para adicar unha edificación existente en terreos situados en VILAVERDE (CM) as actividades de oficina administrativa da comunidade de montes e almacén de maquinaria forestal, cunha superficie construída total de 386,19 m2, en solo clasificado polo Plan Xeral de Ordenación Urbana vixente como solo rústico de especial protección de Espazos Naturais, con aprobación definitiva parcial mediante Orde da Consellería de Política territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia de data 16/05/08 (anuncio publicado no DOG do 3/06/08 e normativa publicada no BOP nº 151-Anexo de data 6/08/08) e aprobación definitiva mediante Orde do Conselleiro de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas de data 13/07/09 (anuncio publicado no DOGA do 24/07/09 e normativa publicada no BOP do 10/09/09).
Durante este prazo calquera interesado/a e público en xeral, poderán facer as exposicións ou alegacións que estimen procedentes.
O expediente está a dispor do público e pódese consultar durante as horas de información ao público (de 9:00 a 13:30 h) na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo (planta -1 do edificio da Xerencia, situado na praza do Rei, s/n, Vigo).