Gran Festa Romana-Celta, un espectáculo "para coñecer o vello espírito de Vigo" o 18 xullo en Castrelos
O alcalde Abel Caballero presentou hoxe a Gran Festa Romana-Celta, un espectáculo visual e sonoro "para revivir unha etapa histórica de vigo" que terá lugar o 18 de xullo no Auditorio de Castrelos, ás 23 horas con entrada libre.
O vindeiro 18 de xullo terá lugar en Vigo a actuación da Gran Festa Romana-Celta. Ás 10 da noite comezará en Balaidos un pasarrúas, onde 26 romanos e 15 castrexos, combinando pasado e presente, animarán a noite viguesa, para concluir en Castrelos ás 23.00 horas cun verdadeiro espectáculo visual, sonoro e sobre todo cargado de sentimento. O espectáculo será de entrada libre e estará cargado de diversión e sentimentos, recordando o que fomos e o que somos.
Dúas compañías galegas, Troula Animación e Bruxo Queimam, serán as encagardas de levar a cabo este espectáculo único en Vigo, con máis de 50 actores en escea, ademais de aéreos e de pirotecnia. A Gran Festa Romana-Celta combinará danza, malabares, fogos e pirotecnia con diferentes estructuras aéreas coa intención de chegar ao corazón da xente.
Entrada gratuíta
Descargar todas as imaxes