Escoitar

As novas instalacións de Apamp de Navia acollen preto de 120 usuarios en 4.000 metros cadrados

A Asociación de Persoas con Parálise Cerebral contan con con novas instalacións, situadas en 4.000 metros cadrados de superficie de Navia, froito dunha cesión municipal. Con servizos de residencia, centro de día e centro de tratamentos, ofrecen plazas para preto de 120 usuarios.

luns, 15 xul 2013
1373901809apamp.JPG
O alcalde de Vigo participou hoxe luns na inauguración do novo centro de día e residencial da Asociación de Familias de Personas con Parálise Cerebral. (Apamp). Situado en Navia, nunha superficie de 4.000 metros cadrados cecidos polo Concello, o edificio conta con dos corpos unidos por unha pasarela-terraza aberta, no que se ubican un centro de día e de tratamentos, por unha banda; e residencia, no centro contigüo.

Tal e como fixo na posta a punto do xardín, Caballero avanzou o ánimo de seguir cooperando con este colectivo, que ofrece preto de 120 prazas: 32 prazas de residencia, 40 no Centro de Día, ademais de 45, no Centro de Tratamentos.
Descargar todas as imaxes