Escoitar

O alcalde recibe ao mozo vigués subcampeón do mundo en tenis en cadeira de rodas

Martín de la Puente Riobó é un deportista vigués que ven de obter a segunda posición no campionato mundial de tenis en cadeira de rodas. O alcade, quen mantivou un encontro con el na Alcaldía, eloxiou o entusiasmo e a actitude positiva deste tenista de 13 anos, 7º do ranking mundial da súa categoría.

luns, 15 xul 2013
1373901681tenis.JPG
O alcalde de Vigo recibiu hoxe luns ao subcampeón do mundo en tenis en cadeira de rodas, Martín de la Puente Riobó, un deportista vigués de 13 anos que representou a España en Les Petis As. Na categoría de cadeira de rodas deste torneo,, considerado o campionato mundial para tenis para menores de 14 anos, contou cos 8 mellores xogadores menores de 18 anos representantes de Inglaterra, Sudáfrica, Holanda, Estados Unidos e Iraq.

Tal e como explicou o rexedor, charlar con este mozo "é unha experiencia, polo entusiasmo e a súa actitude positiva". É sétimo no ranking mundial da súa categoría, e a Federación Galega de Tenis distinguiuno en 2011 co galardón de "Promesa do tenis galego", e, no 2012, foi recoñecido como "Mellor tenista revelación de Galicia". Martín, con 8 anos, sufriu unha amputación do seu pé esquerdo por efecto dunha rara enfermidade.
Descargar todas as imaxes