luns, 15 xul 2013
Abel Caballero asinou este luns un convenio coa cooperativa de Taxis, Paso Vigo e a Fundación La Caixa para que as persoas con algunha discapacidade que participan no programa municipal "Lecer no Verán" gocen, por primeira vez, dos deprazamentos en taxi de balde.
luns, 15 xul 2013
O alcalde, a tenente de alcalde e concelleiros do goberno local acudiron este luns á inauguración do novo ximnasio Vivagym, en María Berdiales. Caballero informou que Urbanismo concedeu á empresa a licencia de actividade o pasado 11 de xullo.
luns, 15 xul 2013
O alcalde anunciou este luns a decisión, coa que o goberno de Vigo quere "que o Día de Galicia sexa de apoio e recoñecemento desde todo Vigo aos traballadores e traballadoras" polo seu "esforzo e sufrimento" nesta crise. Os responsables comarcais de UGT, CCOO e CIG serán os pregoeiros na xornada do 23 de xullo.
luns, 15 xul 2013
Martín de la Puente Riobó é un deportista vigués que ven de obter a segunda posición no campionato mundial de tenis en cadeira de rodas. O alcade, quen mantivou un encontro con el na Alcaldía, eloxiou o entusiasmo e a actitude positiva deste tenista de 13 anos, 7º do ranking mundial da súa categoría.
luns, 15 xul 2013
Durante os meses de xullo e agosto a Biblioteca Neira Vilas ofrece unha mostra bibliográfica e audiovisual onde se recollen varios dos títulos máis destacados dos Inklings.Baixo este nome se atopa o círculo literario máis influínte do século XX formado por autores coma C.S. Lewis, o autor da saga de "Crónicas de Narnia" ou J.R.R. Tolkien, autor da saga "O señor dos aneis"