martes, 16 xul 2013
Abel Caballero e a presidenta de Érguete, María del Carmen Avendaño, asinaron esta mañá un convenio para facilitar a contratación de 37 persoas no marco do Plan Municipal de Emprego. Cun importe de 307.715,25 euros, o acordo esténdese desde o 1 de abril ata o 31 de decembro.
martes, 16 xul 2013
Caballero confirmou que este ano o Concello tamén porá unha pantalla para que a cidadanía que non poida acceder á Concatedral poida presenciar os actos desde fóra. Tras unha reunión cos responsables da Confraría, o alcalde apuntou que a revisión do percorrido da procesión terá lugar este mesmo martes.
martes, 16 xul 2013
Abel Caballero felicitou hoxe martes ás autoras do Percorrido Sensorial do Xardín Histórico de Castrelos, ao ser recoñecido entre os quince finalistas da XII Bienal Española de Arquitectura. Este proxecto, concebido para facilitar as visitas aos invidentes, foi elexido xunto a outros 14, entre 587 propostas.
martes, 16 xul 2013
O alcalde felicitou este martes a un grupo de deportistas da cidade, todas mulleres, que veñen de conseguir éxitos en disciplinas como a esgrima, o ciclismo, a ximnasia acrobática e o atletismo. Abel Caballero avanzou que o Concello incrementará o apoio ao deporte vigués ante a caída do patrocinio privado.