Vueling comprométese a reforzar as liñas con Vigo durante a feira de Conxemar
Abel Caballero comunicou o compromiso de Vueling de reforzar liñas e horarios durante a celebración da feira de Conxemar, tal e como lle solicitara o Concello. Ao mesmo tempo, avanzou que xa está deseñado "un bo esquema de revitalización do aeroporto de Vigo".
Vueling atenderá á petición municipal de reforzar as liñas e horarios de vóos a Vigo durante a celebración da feira internacional de Conxemar. Ao mesmo tempo, anunciou Abel Caballero, "xa temos ben disposto" un plan para Peinador, realizado en "tempo récord". A este respecto matizou que este esquema de revitalización do aeroporto requerirá cambios orzamentarios na Xunta, na Deputación e no propio Concello, e nese momento, avanzou, "veremos onde está o PP de Vigo".
Descargar todas as imaxes