Escoitar

O Percorrido Sensorial de Castrelos, galardoado pola Bienal Española de Arquitectura

Abel Caballero felicitou hoxe martes ás autoras do Percorrido Sensorial do Xardín Histórico de Castrelos, ao ser recoñecido entre os quince finalistas da XII Bienal Española de Arquitectura. Este proxecto, concebido para facilitar as visitas aos invidentes, foi elexido xunto a outros 14, entre 587 propostas.

martes, 16 xul 2013
1373975594castrelos.JPG
O Percorrido Sensorial do Xardín Histórico de Castrelos foi seleccionada entre as quince finalistas da XII Bienal Española de Arquitectura, nun certame ao que concurriron 583 propostas. Abel Caballero, quen felicitou esta mañá ás autoras do proxecto, Belinda Besada e Marister Failde, lembrou que a actuación está orientada a facilitar que as persoas con discapacidade visual poidan disfrutar do xardín, apreciando a riqueza sensorial do seu paseo dun xeito autónomo.

Na súa comparecencia cos medios, o alcalde enfatizou a "importancia singular" dun proxecto que xa recibiu en outubro de 2012 unha Mención Especial dos Premios Unión Europea de Patrimonio Cultural-Europa Nostra 2012, de mans da Raíña Sofía. O percorrido desde o acceso ao xardín de prantas aromáticas aporta información sensorial ao paseo no que se acotou unha senda concreta, a cinta-guía, que se habilita como camiño de ida e volta.
Descargar todas as imaxes