Escoitar

Caballero anima á cidadanía a presenciar o Cidade de Vigo de atletismo en pista

Xunto a numerosos representantes da delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo, o alcalde presentou este mércores a trixésimo cuarta edición dun evento a desenvolverse este sábado nas pistas de Balaídos. A falta do día de hoxe para pechar a inscripción, 65 atletas xa confirmaron a súa presencia neste gran premio.

mércores, 17 xul 2013
1374059811Atletismo.JPG
Tanto Abel Caballero como Jesús Martínez, delegado en Vigo da Federación -organizadora do evento co patrocinio do Concello e a colaboración de Begano-CocaCola- salientaron a calidade de varios dos atletas inscritos no Cidade de Vigo, como o olímpico Frank Casañas, Isaac Vicente Landín, Andreia Pereira ou Eva Costas, entre outros.

As pistas de atletismo de Balaídos acollerán este sábado competición en modalidades como 100, 400, 1.000, 1.500 e 5.000 metros lisos, lonxitude, peso, pértiga e martelo. A día de onte, e a falta deste mércores para pechar o prazo de inscripción, 42 homes e 23 mulleres confirmaron a súa participación nalgunha das distintas disciplinas.

Abel Caballero invitou á cidadanía a presenciar este sábado o Cidade de Vigo, confiou nunha "notable" participación e amosouse "satisfeito do peso do atletismo en Vigo".
Descargar todas as imaxes