O concerto de Pablo Alborán do 28 de xullo no Ifevi xa vendeu 4.000 entradas
Caballero presentou este mércores un dos grandes concertos de este verán. Pablo Alborán actuará o próximo domingo 28 de xullo no IFEVI, ás 21,30 horas, dentro da súa xira Tanto 2013.
O alcalde, Abel Caballero, xunto a Begoña Gómez, de Categórica Producciones, presentaron hoxe mércores o que vai ser "un dos concertos estrelas" de este verán, enmarcado dentro do programa "Vigo en Festas". Pablo Alborán chega ao Ifevi o 28 de xullo coa xira Tanto 2013. Pablo Alborán, unha das novas estrelas indiscutibles da música española en plena ascensión, estará en concerto no IFEVI o domingo 28 de xullo ás 21.30 horas.
Alborán presentará a súa nova xira Tanto 2013, de nome homónimo ao seu album, o cal foi o máis vendido en España no ano 2012, mentres que o directo "En Acústico" e o seu disco de debut "Pablo Alborán" ocuparon o segundo e o quinto posto da clasificación anual. En total, 21 discos de platino en España en dous anos, un récord absoluto no noso país.
Cunhas entradas "a un prezo moi asequible" según asegurou Caballero e que se están a vender a un ritmo excelente, máis de 4000 entradas vendidas, prevese que a afluencia poda chegar ata os 5.000 asistentes, chegados maiormente dende varios puntos de Galicia e Portugal.
As portas abriranse duas horas antes para facer máis levadeira a espera aos asistentes e ademais o espectáculo contará cunha zona reservada e un acceso especial para persoas con mobilidade reducida.
As entradas están á venda en www.pabloalboran.es en www.servinova.com, ou no teléfono 902 504 500. As localidades teñen un prezo de 30 euros anticipada e 33 euros no despacho de localidades o mesmo día do concerto.
Descargar todas as imaxes