Caballero insta ao Goberno a garantir que "os inversores non abandonen ao sector naval"
O alcalde advirte da necesidade de buscar viabilidade ao naval para o que insta ao Goberno a garantir a permanencia dos inversores aos que lles ten que trasladar confianza, ao tempo que debe comprometer avais e financiación ata que o naval estabilice a súa situación. Así o explicou nunha rolda de prensa posterior ao encontro que mantivo con sindicatos do sector e os secretarios comarcais de CIG; CCOO e UXT.
Abel Caballero reiterou hoxe xoves que a resolución do colexio de comisarios sobre o tax lease español "non é xusta" para o sector naval porque, entre outras razóns, parece descabellado "que os privados paguen eventuais erros das administracións, sexan españolas ou europeas". Outras das críticas que esgrimiu contra a decisión de Joaquín Almunia foi a data determinada como período de pago, o ano 2007, cando debería ser o 2011. Por tanto, Caballero amosouse "seguro" de que se o procedemento se recurrira nos tribunais, gañaría o sector naval. En todo caso, matizou, con independencia do devenir xurídico, "nestes momentos hai que buscar viabilidade para o sector".
Neste punto, atribuiu ao Goberno de España a obriga de actuar para garantir que os inversores non abandonen ao sector para o que debe transmitirlles confianza na capacidade e viabilidade desta industria. Outra das actuacións que debe asumir o Executivo, dixo, é comprometer avais e financiación, ademais de facer pública a cifra de devolución e a quen lle correspondería pagar, antes "de marchar de vacacións". Na súa opinión, é preciso dotar ao sector de seguridade xurídica antes de agosto para que se poidan contratar barcos.
O alcalde, que compareceu ante os medios despois do encontro que mantivo con responsables sindicais do naval, así como cos secretarios comarcais de CIG, CCOO, e UXT, avanzou que tamén se reunirá cos empresariois para continuar "co frente común na defensa do sector".
Descargar todas as imaxes