Escoitar

Programación completa de O’Marisquiño XIII

A Concellería de Cultura e Festas colabora no MARISQUIÑO XIII, que se celebrará os días 9, 10 e 11 de agosto, incluído dentro do programa VIGO EN FESTAS 2013, e que contará con actividades de Skate, BMX, mountain bike down town, dirt jump, bboying, trial, freestyle motocross, fingerboard, graffiti e concertos.

xoves, 18 xul 2013
1374145163marisquino.jpg
Os días 9, 10, e 11 de agosto terá lugar a 13º edicion do Arnette O Marisquiño, onde Vigo poderá disfrutar do máis punteiro do deporte e da cultura urbán, ademais de música, arte e graffiti.
As novedades máis importantes deste ano son que duás competeción deportivas serán Copa do Mundo: Flatland e Mountain Bike Dirt Jump. Ademais o Marisquiño XIII será sede do FMB Freeride Mountain Bike World Tour, un circuito con probas no Canadá, EE.UU, Francia, Hungría ou Alemaña entre moitos outros lugares, e un dos grandes focos de atención do mundo do Freeride.
Entre outras novidades o "Contest de Skate", o alma do Marisquiño, contará por primeira vez con categoría feminina, as mellores skaters demostrarán todo o seu pontencial na Praza da Estrela.

As demais actividades terán lugar en varios puntos da cidade de Vigo: O Campionato Internacional de BMX realizarase nun bikepark instalado no Náutico onde tamén terá lugar o Bboying, a Laxe será o escenario para o Mundial de Dirt Jump e os concertos, e o Paseo das Avenidas acollerá Tríal, Fingerboard e Freestyle Motocross. O acceso a todas actividades será totalmente gratuito.
Descargar todas as imaxes

Máis información