Escoitar

A XXI Bandeira Concello de Vigo de traíñas arranca o domingo da ponte de Toralla

O Concello de Vigo patrocina un ano máis a XXI Bandeira Concello de Vigo de traíñas, organizada o domingo 21 de xullo polo Clube de Remo de Coruxo. Nove equipos participarán este ano nunha proba que comezará as 12,00 horas desde a Ponte de Toralla.

xoves, 18 xul 2013
1374164910remo.JPG
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou, xunto cos responsables do Clube de Remo Coruxo, a XXI Bandeira de Vigo de traíñas que partirá o domingo 21 desde a ponte de Toralla. As 12,00 horas arrancará a competición na que tomarán parte os equipos de Coruxo, Cesantes, Rianxo, Morrazo, Esteirana, Puebla, Cabo de Cruz B, Salgado Perillo e Ares.

Tal e como explicou o concelleiro, a regata realizarase en 3 tandas de 3 traíñas cada unha e a vencedora será a embarcación que tarde menos tempo en realizar o percorrido de todas as tandas. Dispútase con chegada en liña, percorrendo a distancia reglamentaria de 5.560 metros, divididos en 4 largos e 4 viradas. A saída será desde debaixo da ponte de Toralla en dirección Samil, paralelo á praia do Vao.

O edil socialista animou a todo Vigo a presenciar esta "festa do remo", enfatizando que o percorrido pasa 3 veces pola ponte de Toralla polo que o público verá moi ben as embarcacións.

Pola súa banda, Darío Fernández, representante do Club de Remo Coruxo, explicou que esta competición forma parte da 8ª edición da Liga Galega de Traíñas e que é unha das regatas históricas que se celebrou en todas as edicións, converténdose nunha referencia no mundo do remo.
Descargar todas as imaxes