Escoitar

Fin de semana de deporte en Vigo

A fin de semana, disputaranse en Vigo dous importantes premios deportivos de este verán. O sábado 20 de xullo a XXXIV Edición do Gran Premio Cidade de Vigo de atletismo en pista, e a XXI Bandeira Concello de Vigo de traíñas odomingo 21 de xullo.

venres, 19 xul 2013
1374231169atletismo.jpg
O Gran Premio Cidade de Vigo dará comezo ás sete da tarde nas pistas de Balaidos coa disputa das serie de 100 metros lisos, finalizando sobre as 21,15 coa carreira de 5000 metros.
Entre as diferentes probas a desputar inclúese, lanzamento de martelo, de peso, salto con pértega, cen metros lisos, catrocentos ou mil. A súa 34ª edición contará coa participación de atletas de renome internacional como Frank Casañas, quinto no lanzamento de disco nas Olimpiadas de Pekín.

A XXI Bandeira Concello de Vigo de traíñas, organizada polo Clube de Remo de Coruxo terá lugar o próximo domingo 21 de xullo ás 12 da mañá. Nove equipos participarán este ano nunha proba que comezará desde a Ponte de Toralla, composta por 3 tandas nas que os equpos terán que recorrer 5,560 metros. A Bandeira Concello de Vigo é unha das máis antigas e importantes regatas de Traíñas de Galicia, e referencia no mundo do remo.
1374231169atletismo.jpg
1374232008trainas.jpg.jpg
Descargar todas as imaxes