Escoitar

Urbanismo inicia un estudio cartográfico para delimitar as zonas desafectadas pola nova Lei de Costas

O Concello inicia o estudo da aplicación da Lei de Costas que reduce de 100 a 20 metros a zona de servidumbre de protección. Tal e como explicou o rexedor, Urbanismo encargou un estudo cartográfico para coñecer cantas vivendas e núcleos van quedar desafectados de protección.

venres, 19 xul 2013
Abel Caballero explicou hoxe venres que o Concello encargou o estudo cartográfico para delimitar as vivendas e os núcleos que van quedar desafectados de protección coa reforma da Lei de Costas que reduce a servidumbre de 100 a 20 metros. Segundo explicou, na Xerencia de Urbanismo deuse conta da aplicación da nova normativa xa que non hai marxe discrecional á hora de aplicar unha lei que entrou en vigor o pasado 31 de maio. O procedemento estipula que a petición de regularización realizarase ante a Xunta que, a súa vez, á trasladará ao Ministerio de Medio Ambiente. O prazo para solicitar esta legalización remata en setembro e, a partir de aí, o Goberno Central dispón de 18 meses para resolver.

Por outra banda, na reunión semanal desta mañá deuse conta da concesión de 21 licenzas de obras e 6 de actividade para un investimento superior ao millón de euros. Entre as licenzas destaca a reforma e obras de conservación dun edificio de 14 plantas e 49 vivendas na Avenida Castelao.