O goberno local aforra 35.000 euros anuais co contrato do Servizo de Información Xuvenil
Segundo informou este venres Abel Caballero, o goberno local adxudicou hoxe o Servizo de Información Xuvenil, un único contrato para catro anos que engloba os dous anteriores da Casa da Xuventude e Punto Xove, conlevando un aforro anual de 35.000 euros.
O alcalde explicou que este servizo se encargará da información, asesoramento, formación e dinamización xuvenil que ten lugar tanto na Casa da Xuventude (en López Mora) como no Punto Xove de López de Neira.
Xunto aos 35.000 euros de aforro anual derivados de aunar dos contratos neste, a baixa na oferta da empresa adxudicataria do 6,3% permite ao Concello un segundo aforro de 54.000 euros. A nova xestión deste servizo manterá os oitos postos de traballo actuais.