venres, 26 xul 2013
Abel Caballero deu conta hoxe venres dun convenio de colaboración con Conxemar de 100.000 euros para apoioar que este importante evento económico siga a organizarse na cidade. Por outra banda, o alcalde rubricou un convenio con Faimevi para crear 18 postos de traballo.
venres, 26 xul 2013
A Xunta de Goberno Local deste venres deu luz verde á concesión de 600.000 euros para 170 entidades deportivas se ánimo de lucro da cidade, aos que súmanse os 445.000 euros que adica o Concello aos clubs de elite. Abel Caballero subliñou que, ao contrario da tónica xeral, o goberno de Vigo non rebaixa o apoio ao deporte vigués.
venres, 26 xul 2013
Abel Caballero mantivo esta mañá unha reunión cos organizadores dun congreso de profesionais de reparacións de vehículos que se organizará no mes de agosto na nosa cidade. O espazo elexido será o Auditorio Mar de Vigo.
venres, 26 xul 2013
O concerto do artista Pablo Alborán, previsto nun principio para este domingo día 28 no Recinto Feiral de Vigo-IFEVI (avenida do Aeroporto, 772-Cotogrande), tense aprazado para o mércores 14 de agosto, pola traxedia acontecida o pasado mércores en Santiago de Compostela. O concerto, organizado pola empresa Categórica Produccións, conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas e inclúese no programa VIGO EN FESTAS 2013.