Escoitar

O alcalde traslada o seu "apoio" aos traballadores de POVISA e pide á Xunta que "asine o convenio" co centro

Abel Caballero mantivo este mércores unha reunión co Comité de Empresa de POVISA, traballadores que manteñen un "conflicto colectivo" coa dirección onde "non temos competencias". O alcalde escoitou os seus planteamentos e demandou á Xunta de Galicia a sinatura do convenio co Policlínico.

mércores, 24 xul 2013
1374682692povisa.JPG
Segundo explicaba Caballero antes da reunión, citou ao Comité para coñecer a súa opinión sobre o conflicto laboral que mantén coa empresa e trasladoulles o seu "apoio" aos traballadores.

O alcalde quixo coñecer se existe algunha "deficiencia" no acordo co goberno autonómico e solicitou á Xunta de Galicia que "pare o acoso a POVISA e que asine o convenio", cunhas condicións que permitan condicións salarias dignas ao persoal da clínica.
Descargar todas as imaxes