O Concello autorizará a circulación das motocicletas polo carril bus
Abel Caballero anunciou hoxe martes unha decisión sobre tráfico "esperada e desexada" na cidade. Concretamente, avanzou que as motocicletas poderán circular polos carrís bus para o que xa deu as correspondentes instruccións.
O alcalde de Vigo deu as instruccións para que os departamentes correspondentes inicien a tramitación para que as motocicletas poidan circular polo carril bus. Así o avanzou hoxe martes Abel Caballero durante unha comparecencia cos medios na que recoñeceu que esta decisión é "esperada e desexada" na cidade polos usuarios deste medio de locomoción. Indicou que heberá que cambiar a sinalización e facer as modificacións pertinentes, matizando que a aplicación desta normativa será en apenas unhas semanas. Reiterou a vontade do goberno local por facilitar a circulación a este tipo de transporte, referíndose, entre outros, ao incremento de prazas de aparcamento.
Descargar todas as imaxes