O alcalde anima a todo Vigo a participar nun torneo de pádel a favor de Aspanaex
Abel Caballero presentou hoxe luns un torneo de pádel solidario organizado polo Real Club Náutico de Vigo en favor de Aspanaex. Os organizadores desta competición, que comezará o luns 29 de xullo e rematará o domingo 4 de agosto, confían en reunir a 400 participantes.
A Escola de Pádel do Náutico de Vigo é a organizadora dun torneo de pádel solidadario en beneficio de Aspañaex que foi presentado hoxe luns na Alcaldía. Abel Caballero, acompañado pola presidenta do Club, Viviana García, así como polos presidente e directora de Aspanaex, José Manuel Carballo e Beatriz Macías, animou a todo Vigo a participar nunha competición que se deselvolverá desde o luns 29 de xullo ata o domingo 4 de agosto.
Tal e como explicou o responsable da Escola, David del Río, haberá 9 categorías e esperan contar con 400 participantes. O prazo de inscripción remata o luns 26 de xullo e o prezo é de 15 euros. Durante o torneo, realizaránse distintas actividades para dar a coñecer e recoller fondos para a asociación beneficiada. A organización donará unha cantidade directamente á Aspanaex e todos os participantes poderán facer as súas aportacións.
Descargar todas as imaxes