Escoitar

Caballero insta ao Goberno a garantir o apoio ao naval dos inversores e estructuradores

O rexedor aboga porque o Goberno se implique na defensa do naval "aproximándose a inversores e estructurais" para que sigan a apoiar ao sector. Tamén se inclinou por non descartar a posibilidade de recurrir a decisión da comisión da UE.

luns, 22 xul 2013
1374497699naval.JPG
O alcalde enfatizou a importancia da mobilización na defensa do naval que partiu de Vigo e que conseguiu "relevantes" acordos nun proceso que agora ten que ser continuado desde o Goberno Central. En primeiro lugar, o Executivo ten que "aproximarse a inversores e estructuradores para que continúen co seu apoio ao naval para o que é preciso que se ofrezan garantías de presente e de futuro, garantindo que se atenda ás forzas vivas".

Nunha rolda de prensa que ofreceu logo de reunirse con empresarios do sector, engadiu que debe garantirse que o ICO preste atención ao finanzamento e aos avais do sector, puntualizando que ten que facelo "con premura". Nuns días, é preciso que resolva os efectos da decisión de Bruxelas sobre cada inversor e estructurador e, por outro, nun prazo duns meses, debería acordar coa UE o alcance da decisón da Comisión. Durante a comparecencia, inclinouse por non descartar a posiblidade de recurrir a decisión que ven de facer pública o comisario Almunia.

Rematou enfatizando a importancia de que os grupos políticos permanezan unidos nesta cuestión en Vigo, Galicia e España.
Descargar todas as imaxes