Escoitar

O Concello oferta de balde actividades saudables na praia de Samil

Actividade física, cursos de cociña saudable ou consellos sobre alimentación son algunhas das ofertas do Plan Saúde das que se poden disfrutar na praia de Samil. Tal e como explicou hoxe o rexedor durante unha visita ás distintas instalacións, estas actividades son gratuitas e non precisan inscripción previa.

martes, 23 xul 2013
1374599015salud.JPG
O Plan Saúde arranca a tempada nas praias con accións gratuitas que non precisan inscripción. Segundo avanzou hoxe martes o rexedor durante unha visita ás instalacións, un monitor impartirá clases de xinmansia de mantemento, GAP e aerobic nas pistas de patinaxe de Samil, os luns, mércores e venres, entre as 20:00 e as 21,00 horas. Tamén se retoma o programa Síntome ben, con medicións antropométricas e asesoramento técnico en nutrición e actividade física. Os martes e xoves de xullo e agosto, entre as 10,00 e as 14,00 horas e as 16,00 e as 19,00 horas, expertos aconsellarán sobre hábitos de vida saudables. Por último, tamén haberá un obradoiro de cociña, con explicacións prácticas e montaxe de pratos saudables con degustación e entrega de fichas con distintos menús. Neste caso, o horario será os martes, de 10,00 a 14,00 horas.
Descargar todas as imaxes